1. Que tempo dan para mañá? 2. Hoxe vai frío. 3. Hai moito tempo que non o vexo. 4. Cando empezas a traballar? 5. Sabías que Xaime xa rematou a carreira? 6. É un pianista de medo. 7. Cando vai deixar de chover? 8. Grazas á miña tía atopei un piso en aluguer en Bueu. 9. Non te esquezas de traer fariña de millo. 10. Ata que día duran as restriccións? 11. Teño unha letra moi pequena, dá a vida que para traballar uso o ordenador. (14 palabras) 12. Dende pequena quixen aprender baile galego. 13. Como se chama o teu profesor? 14. Cando casa túa irmá? 15. Ao final vai pospoñer a voda? 16. Quen é o alcalde de Bueu? 17. Meu pai colecciona selos. 18. Nunca coñecín a ninguén a quen lle gustasen tanto as lambetadas. 19. O novo eslogan do Celta de Vigo é "afouteza". 20. E ti de quen vés sendo? 21. As foliadas na Casa das Crechas son o mellor de Santiago. 22. Díxome que parezo un farrapo vello. 23. A semana pasada mercados media ducia de polos. 24. Miña nai só quere ter ponedoras, di que os galos dan moito traballo. 25. No conservatorio chamábanlle bandallo e el pensaba que era un piropo. 26. Éche ben certo. 27. Que queres? 28. De onde vés? 29. Ves ben sen anteollos? 30. Quen foi María Soliño? 31. Hai unha escola de arte na zona vella. 32. Apetéceche cear fóra? 33. Hoxe non teño ganas de cociñar. 34. Vaite de aquí! 35. En que che podo axudar? 36. Pódesmo repetir, por favor? 37. Por que non te apuntas a clases de xaponés? 38. Recoméndoche o bar da esquina, fan unhas tortillas boísimas. 39. Escoitas iso? 40. Pon música, Xan. 41. Vinde comer a casa, que temos comida de sobra. 42. Deus dea fartura. 43. Cando vai rematar o confinamento? 44. Oxalá fora xa verán. 45. Que plans tes para as vacacións? 46. Alégrome de que empezaras a traballar. 47. Estás contento no traballo? 48. Que tes que facer? 49. Ás veces está na póla, non se entera de nada. 50. O máis importante é estar sans.
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7483&h=b23b16db2848f05b1b688e220fd9b327e10c694a&sa=633054924
