Bravo! O 16:41, ven., 12/02/2021, Esteban Souto <[email protected]> escribiu:
> Boas. > Aí van outras 50 frases: > > Esquecín apagar o televisor e agora vai quedar facendo ruído durante horas. > Uxía cociña moi ben, e cada cousa que prepara sabe a gloria. > A médica de cabeceira díxome que non tiña nada grave e que chega con que > tome uns calmantes. > Onte avarióuseme o ordenador e non sei como vou rematar o traballo que > teño que entregar mañá. > Todas as ideas que tiveches ata agora non valeron de moito. > Moitas grazas por traer esas patacas, pero sabes que non facía falla que > te tomases a molestia. > Foron tomar un vermú antes de xantar, pero non han tardar en volver. > Para outra cousa non, pero para colleres o mellor asento sempre estás > atento. > Meu avó está quedando xordo e xa non é fácil conversar con el. > Que ganas tiña de coller a moto e ir dar unha volta para relaxarme! > A culpa non foi dela senón de quen lle deixou facelo. > Ese traballo falo co tractor nun momentiño. > Faime caso, que xa pasei por iso unha chea de veces. > Non che puiden enviar mensaxe ningunha porque quedei sen saldo. > Foron as súas mellores vacacións, seica, porque puideron deixar os fillos > cos avós. > Ai, que carallo! Xa estamos outra vez co mesmo conto? > Bos días. Quere que lle axude con algo? > Non se che ocorra tomar ese medicamento, que caducou hai meses. > Podías darme uns consellos para ligar, que a ti dáseche ben. > Esta semana cambiei para a quenda de noite e estou escangallado. > Pero que cousa tan xeitosiña! Cantos meses dis que ten? > Non hai maneira de que recolla as súas cousas, e non será por repetirllo > veces. > Chegaron tan bébedos que non daban acertado coa súa porta. > Foi unha mágoa que non gravases un vídeo da obra; estivo xenial. > Colleu a podre e deixou a sa. Máis parvo non se pode ser. > Señora Carme, deixe estar iso, que xa llo levo eu. > Cada vez que o Celta marca un gol ponse a berrar que o oen en todo o > barrio. > Caeu do tellado cando subiu a arreglar a antena, e agora ten que ver a > tele no hospital. > Meu rei, non te poñas así, que todo se ha arreglar. > Mira que che gusta ir de compras! Aínda fuches a semana pasada e xa queres > volver. > O gando botou a correr pola veiga e non houbo maneira de collelo. > Cando vos dá por bailar non hai quen vos pare, como ten que ser. > Prefiro cear cedo, que se non, cando vou para a cama non dou durmido. > Xa tes que facer. A teu fillo acaba de caerlle o xeado na camisa. > Cando dixeches que tiñas que saír para o aeroporto? > Miña nai preparaba cocido todos os domingos, pero hai tempo que non o fai. > Hoxe fago 40 anos, así que non me veñas con bromas que non estou de humor. > Ía meterme na piscina, pero díxome Brais que está a auga conxelada, así > que paso. > Pois están de xira, así que igual dan un concerto por aquí cerca e podemos > ir velos. > Que di teu amigo que xa está farto de tanto museo, que el veu aquí para > divertirse. > Teño que cubrir tamén os campos que están en gris no formulario? > Onte roubaron na casa dos veciños. Cres que deberiamos instalar unha > alarma? > O xardín quedouvos espectacular. Cada canto cortades o céspede? > A mellor época para viaxar a ese país é na primavera, porque o resto do > ano non hai quen aguante alí. > A tenda de campaña era pequena para tanta xente, pero acabamos por > acostumarnos. > Non che consinto que lle fales así a túa nai. > Viches que maneira de correr? Ía cagado de medo. > Non dei feito con tanto cable, e acabei deixando todo como estaba. > Xa non temos idade para ir de botellón, non cres? > Se queres ir tomar unhas cervexas á noitiña, mándame un whatsapp. > > > Saúdos. > > -- > *Esteban Souto Bargiela* > www.estebansouto.com > [email protected] > +34 615 566 448 > Instagram: @esteban.souto > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7276&h=5686642846af4c3198352c7e92642fe9e4ca8cda&sa=131533970 > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7277&h=88e081266d46a1af0f328dfc1655596ffdac6a32&sa=295987826
