Boas! Envíovos unhas frases para o proxecto. Espero que vos sexan útiles.
Non vaias por aí, que vas encher os pés de lama. Por non erguerme cedo, acabei perdendo o bus. Cada vez téñolle máis manía a esa xente. Hoxe estás ben guapo! Se hai novidades avísame, por favor, que quero estar ao tanto. Quedou unha foto moi xeitosa, e iso que non a preparei. Cal é a túa comida preferida? A miña é o cocido. Pódesme axudar? Estou a buscar os baños e non os atopo. Canto me dixeches que lles custara a ferramenta? Estiven unha semana de vacacións, e non houbo día que non chovese. Moita leria, pero cando hai que vir traballar non aparece ninguén. Temos que ir ao súper, que xa non nos queda froita nin leite. Que che dixeron no banco sobre o préstamo? Xa lle dixen que non lle penso axudar, que non vai valer para nada. Tanto teimou, que acabaron deixando que o fixese ela. Di que non lle gustan os paxaros, pero eu sei que ten un papagaio na casa. Ás nove e media vai ser moi tarde para pasar a recollela. Que sexa a última vez que me chegas feito un cristo. Foron xuntos na moto ata a praia que hai pasando a ponte. Os do taller chamaron para dicirlle que o coche xa estaba arranxado, pero non tiña o móbil enriba. Teu curmán non para de subir fotos íntimas a internet. Calquera día vai ter un desgusto. Moito me gustan as películas de animación que sacan ultimamente. Non hai cousa que máis lle moleste cós meus berros de alegría. Trouxo unha chea de noces, pero ningunha valía para facer a torta. Vestirte así non che vai servir para nada nese traballo. A María acabóuselle o paro e non sabe que vai facer a partir de agora. Todas as veces que recolleu a mesa foi por quedar ben con ela. Hoxe na tele non hai nada que pague a pena, coma sempre. Liches a noticia? Xa non imos poder seguir co noso plan. A amiga esa que me comentaches hai moito tempo que non a vexo. Coitado! Leva tido tan mala sorte! Podes coller a corda por esa punta? Eu non lle chego. Debín de perder as chaves polo camiño, e agora a ver como facemos para volver. E por que non o mandaches á merda? Era o que merecía. As persoas que se presentaron ao exame o ano pasado tivérono máis fácil. Quen queira comer, que colla o prato e se sirva. Non me estraña que non lle deixe o coche; vai sempre coma un foguete. Déixalle o mando a túa irmá, que ti levas todo o día con el. Miña nai dicía que non quería un can, pero agora non para de xogar con el. Se tes pensado ir vivir a Alemaña, máis che vale estudar o seu idioma. Ai, que mala sorte temos! Non acertamos nunca á primeira. Que nolo pidas unha vez, vale, pero dúas xa é abusar. Coñecéronse hai dous meses, pero xa están pensando en casar. Fai favor de recoller iso que deixou o teu can atrás. As que teñan un número impar, que se poñan nesta fila. Á noitiña é cando se pon coa consola, así que non contes con ela a esa hora. Non deberías tomar tan en serio o número de seguidores en Instagram. Saúdos. -- *Esteban Souto Bargiela* www.estebansouto.com [email protected] +34 615 566 448 Instagram: @esteban.souto - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7216&h=df15eacd8fe79e732bf73e63fb544c929c1b3aa0&sa=979731813
