Incidencia enviada a OpenOffice.org polas ligazóns de descarga oficiais das 
versións en galego que deixaron de funcionar.

O Venres 25 Setembro 2009 13:20:04 Frco. Javier Rial escribiu:
> Nos foros de soporte de mancomún, un usuario nos acaba de indicar que non
> funciona a descarga de OpenOffice.org 3.1.0 en galego para Mac con Intel.
> 
> Estiven revisando e todo parece indicar que é problema de Sun ou do xestor
>  de descargas de OpenOffice.org.
> 
> Na seguinte ligazón
> http://qa.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=101678
> vese o procedemento para pedir que unha versión X (neste caso a RC2 de OOo
> 3.1.0 pasou a ser a definitiva 3.1.0) de OpenOffice.org pase a ser oficial
>  e sexa distribuída aos mirrors. Eu no seu día comprobei que o
>  OpenOffice.org 3.1.0 en galego estaba correctamente distribuído nos
>  mirrors, mais agora xa desapareceu, polo que terei que abrir unha
>  incidencia para ver se nos resolven este problema.
> 
> Mentras, as ligazón máis recomendables para descargar as últimas versións
>  do OpenOffice.org, sería a dos mirrors do FTP da Universidade da Coruña,
>  no seguinte cartafol:
> http://ftp.udc.es/OpenOffice/extended/3.1.1rc2/
> 
> Nese cartafol buscar as compilacións que conteñan o código do idioma galego
>  no nome: "_gl"
> 
> Como podedes ver, son as versión 3.1.1.rc2 que deron lugar á versión
>  definitiva 3.1.1. Esta versión non saíu de xeito oficial en galego porque
>  non tivemos tempo de poder facer os test de calidade da mesma xa que en
>  agosto estabamos liados traducindo a nova versión 3.2, o Gnome 2.28 e
>  Mozilla.
> 

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez                                                     
  
Técnico
Avda. de Vigo, s/n Campus 15705   Santiago de Compostela (Galicia/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616                 
<fjrial en mancomun.org>

Responderlle a