Nos foros de soporte de mancomún, un usuario nos acaba de indicar que non funciona a descarga de OpenOffice.org 3.1.0 en galego para Mac con Intel.
Estiven revisando e todo parece indicar que é problema de Sun ou do xestor de descargas de OpenOffice.org. Na seguinte ligazón http://qa.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=101678 vese o procedemento para pedir que unha versión X (neste caso a RC2 de OOo 3.1.0 pasou a ser a definitiva 3.1.0) de OpenOffice.org pase a ser oficial e sexa distribuída aos mirrors. Eu no seu día comprobei que o OpenOffice.org 3.1.0 en galego estaba correctamente distribuído nos mirrors, mais agora xa desapareceu, polo que terei que abrir unha incidencia para ver se nos resolven este problema. Mentras, as ligazón máis recomendables para descargar as últimas versións do OpenOffice.org, sería a dos mirrors do FTP da Universidade da Coruña, no seguinte cartafol: http://ftp.udc.es/OpenOffice/extended/3.1.1rc2/ Nese cartafol buscar as compilacións que conteñan o código do idioma galego no nome: "_gl" Como podedes ver, son as versión 3.1.1.rc2 que deron lugar á versión definitiva 3.1.1. Esta versión non saíu de xeito oficial en galego porque non tivemos tempo de poder facer os test de calidade da mesma xa que en agosto estabamos liados traducindo a nova versión 3.2, o Gnome 2.28 e Mozilla. -- Frco. Javier Rial Rodríguez Técnico Avda. de Vigo, s/n Campus 15705 Santiago de Compostela (Galicia/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616 <fjrial en mancomun.org>
