Ola. Onte desde Mozilla abriron un bug para informar de que tiñamos problemas cos atallos de teclado na tradución de Firefox. Non era nada novo que non soupera e ata que non se comunicara nalgún correo, pero bueno, dentro do que cabe non era o máis importante ata que nos deron o toque de atención.
Bug 757088 - Multiple access keys used in preferences dialog for gl locale https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=757088 Púxenme co asunto e en 2 horas conseguÃn solucionalo ou iso tentei. Agora xa sei unha nova cousa máis e ata me explicou como podÃa comprobalo no propio bug cando me contestaron de volta. Foi asÃ, asÃ. Hai que instalar o complemento Mozmill Crowd e executalo co test de l10n. (https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/mozmill-crowd/) Non consigo que me funcione sempre pero ás veces vai e sorprendeume, porque ata che realiza capturas de pantalla cos erros en galego. Cando o solucionei foi de forma manual e bastante tosca, pero que se alguen está interesado, pois na próxima Trasnada cóntollo. Anexo as capturas de pantalla, para que as poidades ver. Vou anexar un par delas e asà pódense ver directamente no correo sen ter que descargar o ficheiro comprimido. Como sempre digo, espero poder documentar todo isto, para que queda ahà para a comunidade e para o próximo coordinador do equipo. O problema só está solucionado na versión da rama de desenvolvemento mozilla-central, é dicir, Firefox 15, o que eles chaman nightly. Nos próximos dÃas terei que solucionalo nas outras dúas ramas, mozilla-aurora e mozilla-beta, é dicir, Firefox 14 e Firefox 13 respectivamente. Saúdos. ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: Firefox-gl.15.0a1.20120521030525.Linux.png Type: image/png Size: 65545 bytes Desc: non dispoñÃbel URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20120523/22c5efa5/attachment-0002.png> ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: Firefox-gl.15.0a1.20120521030525.Linux-3.png Type: image/png Size: 52665 bytes Desc: non dispoñÃbel URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20120523/22c5efa5/attachment-0003.png>
