Debo insistir: serÃa importante que o novo coordenador avise a quen publicou a nova [1] de que a retiren ou a corrixan, posto que é unha información falsa.
Aliás vexo na rolda que Francisco Javier Rial, técnico do CESGA, asumiu públicamente a súa responsabilidade no erro do Thunderbird. Non foi o único erro nin tampouco o mais grave, pero eso é o de menos pois ninguén é infalibel. O importante é aprender dos erros e que esta vez se apliquen os controis de calidade da propria Fundación Mozilla en troques de buscar atallos, para evitar que se repitan no futuro: http://quality.mozilla.org/ Pola miña parte vou poñer ao tanto a Enrique da evolución deste problema para que xa se faga cargo él do seu seguimento e darlle solución. Saúdos, [1] http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/solucionado-oficialmente-por-mozilla-o-erro-que-afectaba-ao-thunderbird-30-en-galego/ -- http://susinho.pagina.de/
