Persoalmente coido que o uso do artigo, amais de correcto, é O correcto. Na nosa lingua os nomes propios levan artigo, e as empresas tamén. Así, podemos dicir: - A Coca-Cola vén de incorporar o Galego aos seus coches - A Clesa négase a respectar a lexislación vixente en materia de toponimia - O Twitter sería fantástico se incorporase o Galego á súa App
Saúde, Serxio. Galiza, diamante en bruto! O 8 mai, 2016 20:40, "Antón Méixome" <[email protected]> escribiu: > Fácil: > Entidade\Produto > Mozilla\O Firefox > > Wolkswagen\O Golf > > Frase: > > Para Twitter, Inc. é moi importante a seguranza dos datos persoais no > Twitter. > > Barcelona\O Barcelona > > A utilización do artigo simplemente é unha marca de palabra común, > coñecida, incluso con nomes propios: > María\A María > > Trasno recomenda vivamente o uso do artigo, pois ademais de axudar a > distinguir, resulta natural e tradicional. > > El 8 may. 2016 7:55 p. m., "Marcos Lans" <[email protected]> > escribió: > >> Xurdiu nos foros de tradución ao galego no Twitter unha dúbida sobre se é >> correcto usar o artigo antes da palabra Twitter. P.e: O Twitter, do >> Twitter, no Twitter. >> >> Como penso que tamén pode afectar a outras traducións das nosas, sería >> útil que algún filólogo nos aclarase o tema cando teña un momento libre. O >> fío no Twitter é este: >> >> https://translate.twitter.com/forum/forums/galician/topics/9521 >> >> Sería correcto tamén usar O Firefox, O Ubuntu etc? >> >> Thanks in advance. >> _______________________________________________ >> proxecto mailing list >> [email protected] >> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >> > > _______________________________________________ > proxecto mailing list > [email protected] > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

