O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <[email protected]> escribiu: > O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <[email protected]> > escribiu: >> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <[email protected]> >> escribiu: >>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de >>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma >>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode >>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do >>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É >>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao >>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca >>> nunca... >>> >>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<[email protected]>) >>> escribió: >>>> >>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <[email protected]> >>>> escribiu: >>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para >>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha >>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses >>>> > dous directorios. >>>> >>>> >>>> Claro, >>>> >>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases" >>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de >>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun >>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux. >>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos >> >> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón. >> >> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte: >> >> - Baixei un tar do directorio e descomprimino >> - Creei un virtualenv e instalei >> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install >> android2po) >> - Lin o README https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst >> - Creei un directorio chamado po >> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos >> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van >> gardar os ficheiros PO) >> - >> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx >> >> >> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende >> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios >> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos). > > Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo > ver a ver se dou sacado un TMX.
Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal: https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar, claro. Deica _______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

