AVISO: é un correo longo, abrir cando se teña tempo libre, ou correrase o risco de borralo nun acto de “autodefensa”.
Bueno, retomando o costume de Leandro, comezo a interrogarvos sobre algúns novos nomes de unidade de Wesnoth, para decidirmos entre todos cal será a tradución fixada de cada un deles. Cando os teñamos decididos procurarei ademais de aplicalos poñer o resultado no Glósima. Draconiáns: ---------------------------------------------------------------------------------------------------- Drake Arbiter Os NOME tómanse moi en serio o seu deber de asegurar que se cumpra a orde. Para cumprir mellor cos seus deberes, renunciaron ás poutas de man tradicionais dos draconiáns e cambiaron as súas lanzas pola pica e maila folla da alabarda. Para eles, a perda de capacidade para manobrar vese recompensada polo brutal peso da cabeza de puro metal. A súa grosa armadura protéxeos das armas capaces de coarse entre as súas escamas. Algunhas opcións: → Draconián árbitro → Draconián mediador → Draconián regulador battle claws Algunhas opcións: → poutas de batalla («poutas» está fixado para “claws”) → gadoupas de batalla → garras de batalla war talon Algunhas opcións: → pouta de guerra → gadoupa de guerra → garra de guerra ram Algunhas opcións: → turrar → turrada (subst.) → trucar → trucada (subst.) war blade Algunhas opcións: → espada de guerra → espada guerreira Drake Thrasher En vez de utilizar a súa armadura como mera protección, os NOME aprenderon a aproveitar o seu peso xunto co do seu propio corpo para conseguir un maior impulso e así aumentando a forza dos golpes que asestan coas súas poutas. O corpo e a protección están sincronizados. Mesmo utilizan o seu groso helmo ─e o seu groso cranio─ como armas de combate. Os NOME non teñen problema para cumprir cos deberes da súa caste, sempre que estes estean ligados ao campo de batalla. Nota: avanza dende o “Draconián batallador” e cara o “Draconián executor”. Nota 2: “trash” é neste contexto mallar, pegar, bater, etc. Non se me ocorren opcións que me gusten. Tirade da imaxinación. Ananos: ---------------------------------------------------------------------------------------------------- Os tres seguintes son unha póla dos ananos completamente nova, e todos están en torno ao concepto de explorar. Con respecto a este termo xa existen outras unidades das que se pode aproveitar a terminoloxía. Por exemplo, a póla dos elfos “Elfo explorador” → “Elfo xinete” → “Elfo batedor”. Se substituímos “xinete” por “rastreador” ou “rastrexador”, xa temos tres posibilidades que combinar no anano. Agradecería que a orde no anano non contradixese á da póla dos elfos, e se o fai, propoño que os cambios na orde se apliquen aos elfos tamén (mesmo cambiar “xinete” pola forma utilizada cos ananos). Póñoos na orde en que avanzan (de menor a maior nivel): Dwarvish Scout Os NOME son uns superviventes por natureza. Poden pasar meses percorréndose bosques e montañas en busca de depósitos de minerais sen máis axuda que a do equipamento que levan. Se ben o combate corpo a corpo non se lles dá tan ben coma a outros ananos, non teñen rival no que ao lanzamento de machados se refire, unha habilidade que perfeccionaron durante as súas xornadas de caza polo monte. A súa gran capacidade para manobrar, especialmente naqueles terreos cos que están familiarizados, fan deles como pouco uns inimigos a ter en conta. Algunhas opcións: → Anano explorador → Anano rastreador → Anano rastrexador → Anano batedor Dwarvish Pathfinder Algunhas opcións: → Anano explorador → Anano rastreador → Anano rastrexador → Anano batedor Dwarvish Explorer Algunhas opcións: → Anano explorador → Anano rastreador → Anano rastrexador → Anano batedor Outras cousas: ---------------------------------------------------------------------------------------------------- E hai un termo que me gustaría comentar, relacionado tamén coas unidades do Wesnoth: “ceramic”. O Wordreference lévame a “cerámica”, e o meu Castelán- Galego de papel lévame a «cerámica», pero a min non deixa de soarme a «porcelana», e «porcelana» sóame a material para os adornos. Credes que podo poñerlle “barro” para referirme a “ceramic” (no contexto dun dos materiais cos que se fan as armaduras dos draconiáns)?. E bueno, de momento só isto. A maior parte das traducións están xa fixadas de antes, polo que aínda que de momento só revisei o 20% do ficheiro «wesnoth- units» non creo que vaia haber moitos correos máis sobre outras unidades (un, dous como moito). Un saúdo, e grazas a todos de antemán. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

